O xabarín (Sus Srofa) é un animal mamífero que habita en casi todas as partes do mundo.
Cando nacen pode apreciarse neles unhas raias de cor marrón que se van difuminando a medida que este medra, por isto, ás crías de xabarín se lles chama raións. Os xabarins machos, cando son adultos, desenrolan uns pronunciados colmillos, vulgarmente chamados "navallas".
Estes animais viven en montes de vexetación densa, donde se refuxian durante o día, xa que son nocturnos. Adoitan vivir en grupos de 3-4 individuos ata que son adultos; despois cada un sepárase e as femias crían uns novos raións mentres que os machos van en busca de femias e pelean entre si por elas.
Son omnívoros e a súa alimentación varía de donde vivan, pero aquí en Galicia a súa dieta é a base de castañas, millo, landras, raíces, miñocas e incluso ratos.
Habitualmente revólcanse en barro e ao secar fréganse contra arbores para eliminalo e xunto con el os parásitos que neste quedaron pegados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario